A asociación galega “Cova Crea” vén de solicitar ao concello de Santa Comba o inicio de expediente de protección ambiental específica ou blindaxe ambiental para as brañas da parroquia de Castriz.
“Alto valor ambiental”
As fórmulas propostas para a protección son as de espazo natural de interés local(ENIL) ou espazo privado de interés natural(EPIN).Destacan o “alto valor ambiental que encerran e os servizos ecosistémicos que están a prestar, nunha situación como a actual que avanza imparable cara o cambio climático e na que precisamente o papel das brañas e humidais e un aspecto chave para a mitigación dos seus efectos, preservar a biodiversidade e a absorción de carbono, aumentando así a resiliencia dos ecosistemas”.
Evitar un posible impacto mineiro
Desde Cova Crea aluden á problemática mineira existente en Santa Comba con Eurobattery Minerals e onde “se baralla incluso a posibilidade de explotación mineira a ceo aberto e a granel low cost”.
Por este motivo piden esta protección ambiental das Brañas de Castriz “ para evitar no futuro calquer inconvinte que poida xurdir para este espazo”.