10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Vimianzo destina 160.577 euros para axudas a autónomos e microempresas

O Concello de Vimianzo destinará 160.577,20 euros para axudar aos autónomos e ás microempresas que conforman o tecido económico do municipio. A administración local aportará 32.115,44 euros, mentres que o restante será facilitado pola Deputación Provincial da Coruña, 128.461,76 euros. 

Estas axudas forman parte do programa PEL Reactiva do organismo provincial, para darlle solucións ás problemáticas derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Neste sentido, desde o Concello iniciaron os contactos para impulsar estas axudas ‘xa desde o pasado mes de maio, cando se estaban artellando’, facilitan. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca a ‘colaboración entre administracións para facer fronte común ante unha problemática acaecida ao longo de todo o noso país, e como non, tamén en Vimianzo. Temos que conseguir apoios para dotar de axudas a un dos sectores máis castigados pola crise sanitaria’, apunta. 

Neste senso, a rexedora confirma que ‘con anterioridade xa estabamos ao carón da veciñanza, pero non podemos facer oídos xordos á realidade que nos anega. É a nosa responsabilidade darlle solucións e oportunidades aos que peor o están a pasar nestes momentos’, confirma a rexedora. 

Fonte- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos