1.3 C
Santa Comba
domingo, diciembre 4, 2022

A Laracha celebra un Outono de Contos

O concello da Laracha celebra o “Outono de Contos”. Un ciclo que propón dez espectáculos que se desenvolven nas bibliotecas de Paiosaco, Caión e A Laracha.

Contan coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito.Nove das funcións van dirixidas a nen@s a partir dos 4 anos de idade e hai unha sesión de contacontos para bebés.A entrada é gratuíta ata completar aforo. Como medidas de seguridade, é obrigatorio o uso da máscara e cada nen@ poderá ir acompañad@ unicamente dunha persoa adulta. 

O “Outono de Contos” arrancou este pasado martes en Paiosaco con David Méndez e a súa “maxia de aquí e de acolá”. Segue este venres na biblioteca da Laracha cos “Contos da bruxa Chispún” de Teatro Calavera, desde as 18h.

A oferta para este mes de setembro tamén conta coa actuación de Trinketrinke Teatro na biblioteca de Caión o vindeiro mércores, as 18h. Representará “O coelliño branco”.

Este é o cartel completo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
509SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos