7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

“Que toda Muxía se entere: paralizáronse todos uns orzamentos por puro berrinche político”

O alcalde de Muxía, Iago Toba, criticou a postura dos concelleiros do PP e de catro edís do seu partido, o PSOE, que votaron a favor dunha alegación ao orzamento:

“Quero que toda Muxía se entere do grave da situación: paralizáronse todos uns orzamentos, a folla de ruta das accións dunha administración pública, por puro berrinche político. Eles e elas saberán por qué, pero evidentemente este é un ataque ao concello, aos veciños e veciñas que ven así como esta decisión bloquea os proxectos e actuacións necesarias no concello e, en moitos casos, pactadas e consensuadas coa propia veciñanza”.

Desde o goberno local aseguran que a alegación presentada por Sandra Vilela non tiña base obxectiva nin base económica e o único obxectivo era “bloquear os investimentos do Concello e, por extensión, as actuacións que hai previstas en todos os núcleos co municipio”.

Explican que a interventora advertidu dunha “posible  ilegalidade”. Segundo o goberno local “Os informes de intervención son claros con respecto ao documento dos orzamentos, tanto en forma como en fondo, a pesar da reclamación feita hoxe polo PP”.

Iago Toba pediulle desculpas ao concello de Muxía polo “espectáculo” vivido e calificou de ‘vergoñento’ este acto de “tentar botar abaixo uns orzamentos aprobados hai máis dun mes con maioría neste mesmo pleno. Pero non só iso, sen base teórica, obxectiva e incluso legal”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos