A portavoz municipal do Partido Popular, Sandra Vilela, considera que é un bo momento para que o alcalde empece a “dialogar”. Pensa que “unha rencilla persoal” e o posterior ánimo de “vinganza” motivaron o cese das funcións da concelleira Mónica Vilela, primeira teniente de alcalde e concelleira de Educación e Cultura.
Labor positiva de Mónica Vilela
Asegurou que Vilela estaba desenvolvendo “unha labor positiva” no concello e que foi apartada por non compartir a xestión negativa que estaba a facer o alcalde.Os populares apoian que continúe coa súa adicación e co seu traballo e así o expresaron no pleno.
Con respecto aos orzamentos, os populares non comparten as reflexións do alcalde e matizan que se levaba sen orzamentos desde 2017.
Orzamentos que non recollen as necesidades
Opinan que os actuais “on están axustados “á realidade económica” e que é preciso “un orzamento que atenda e reflexe as verdadeiras prioridades”. Entre ellas están o abastecemento de auga a Suxo ou ao núcleo de Muxía, entre outras actuacións.
“As prioridades non son as subidas de soldo” declarou a Adiante Galicia a portavoz do PP, que se queixou da falta de “rigor” do alcalde.
Vilela pensa que na actual situación hai que replantexar determinadas cuestións e criticou que hai partidas aprobadas que aínda non teñen os proxectos correspondentes.