10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

Isabel Vilalba denuncia “unha extorsión permanente” ós produtores de leite

Escoita a entrevista a Isabel Vilalba(Desde min 31)

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego está convencida que as industrias aproveitan a “Lei da Cadea” e o actual marco como “excusa para adaptar os contratos e introducir baixadas de prezos”, o que constitúe “unha perversión absoluta”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Isabel Vilalba, denunciou que a situación non mudou nos últimos anos, cos prezos “impostos unilateralmente” e sen “nada que obrigue a industria” a respectar condicións favorables ao sector lácteo.

“Nin o Ministerio nin a Xunta fixeron os deberes”

“Non hai unha protección do produtor. Nin o Ministerio nin a Xunta fixeron os deberes” lamentou a dirixente agraria que lamenta que o goberno autonómico aínda non fixera o estudo de custes de produción que prometeu, así como a ausencia de transparencia e de foros para tratar estes asuntos.

Para Vilalba o panorama aínda é máis desolador cando “hai xente que deixou impagos na recollida do leite e segue operando” con total normalidade.

Tamén incidiu que segue habendo problemas sen solución como os danos da fauna salvaxe:”Moita xente non cobra ou cobra cantidades ridículas”. Pediu xestión das poboacións, control sanitario e dotación orzamentaria suficiente.

Desde o S.L.G. demandan a protección dos agricultores e gandeiros galegos e a posta en valor dos seus produtos “de primeira calidade para manter a saúde”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos