9.6 C
Santa Comba
jueves, mayo 23, 2024

O PP xalleiro pide que se empregue o remanente en axudas para autónomos, pequenas empresas e gandeiros

A portavoz do Partido Popular de Santa Comba, María Pose, solicitoulle ao goberno municipal que “empregue os case 2.5 millóns de euros de remanente que deixou o goberno do Partido Popular en outorgar axudas aos autónomos, pequenas empresas, agricultores e gandeiros do noso concello que están vendo interrompida ou moi afectada a súa actividade durante o estado de alarma”.

Cotas da Seguridade Social e alugueiros

Os populares tamén piden que se “outorguen axudas as familias que debido a esta situación están nunha situación de vulnerabilidade”.

Propoñen que se habiliten unha liña de axudas para sufragar as cotas da Seguridade Social, alugueiros e custos fixos, a todos aqueles autónomos que non poideron desenvolver a súa actividade ou que “visen gravemente diminuidos os seus ingresos”.

Impostos municipais

Tamén se plantexa que se exima ao sector hosteleiro do pagamento da taxa do lixo ou de ocupación de dominio público, e que se recalculen o resto dos impostos durante o tempo que non se poden desenvolver as actividades económicos dos distintos sectores empresariais, agrícolas e gandeiros.Ademais, o PP xalleiro, pide axudas para as familias vulnerables.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos