8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

O BNG da Costa da Morte presenta un paquete de medidas para promover nesta crise do coronavirus

O BNG da Costa da Morte presentará, vía telemática, nos concellos da Costa da Morte un documento no que se recollen distintas propostas «co fin de colaborar e sumar ideas para sair da situación actual da mellor maneira». Foto-Serxio Domínguez, responsable comarcal BNG.

Estas son as medidas

O documento en cuestión é o seguinte:

Medidas de información e comunicación

• Crear un apartado no web municipal “CORONAVIRUS” no que se informe  de todas as novas, medidas e recomendacións relativas ao coronavirus.

• Informar á corporación para unirse en todas as medidas que se tomen e achegar  todas as melloras que se poidan.

• Actualizar e difundir por todos os medios do Concello a información coas recomendacións, teléfonos de contacto, resolucións da comisión, información sanitaria, etc.

Medidas con voluntariado

• Creación dun rexistro de voluntarios e voluntarias con perfís persoais e profesionais que poidan ser útiles neste momento (psicólog@s, traballadores e traballadoras sociais, estudantes ou profesionais de ramas sanitarias, etc.) para funcións como atención psicolóxica, loxística na atención sanitaria, acompañamento telefónico e dixital ou calquera medida abalada polas autoridades sanitarias que poida ser de utilidade para a veciñanza.

• Posta en marcha dun programa de acompañamento telefónico ás persoas da terceira idade e a aquelas que son máis vulnerables, para evitar os efectos do illamento, coñecer de primeira man o seu estado e poder facer seguimentos diarios.

• Creación dun rexistro de ofertas voluntarias e demandas de bens e subministros que poidan ser de utilidade neses momentos.

Medidas Sociais

• Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos e das menores, familias desfavorecidas e afectadas polo impacto da situación socioeconómica do coronavirus.

• Reforzo e ampliación de atención telefónica de urxencias sociais para atender as necesidades da poboación máis vulnerable

• Atención ás persoas sen fogar, adoptando as medidas necesarias para que se garanta o seu dereito á saúde.
• Esixir da Xunta de Galiza a atención ás residencias de persoas maiores, menores ou dependentes, que garantan a saúde das persoas residentes e dos traballadores e traballadoras.

• Coordinar coas outras administracións un protocolo de atención e seguimento a vítimas de violencia machista.
                                                                                                                                 

Medidas do Servizo de Limpeza

• Reforzar a desinfección e fumigación dos espazos públicos, especialmente aqueles de maior concentración de persoas e nos días de maior tránsito de veciños e veciñas: centros de saúde, supermercados, farmacias…..

• Recollida de lixo porta a porta baixo petición de persoas vulnerables.

• Protocolo de recollida de lixo a domicilio para posíbeis doentes positivos por coronavirus.
Medidas para o Persoal e servizos de titularidade municipal

• Asegurar a dotación de equipas de protección individual a todas as persoas que desenvolvan labores en contacto co público. Asegurar o cumprimento dos protocolos de prevención en todos os servizos de titularidade municipal.

• Impulso do teletraballo e da atención telefónica e/ou telemática, reducindo a atención presencial ao imprescindíbel.

• Asegurar o mantemento do emprego nos servizos de titularidade municipal (evitar a suspensión de contratos que impliquen a destrución de emprego).

Medidas fiscais

• Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación, (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situacións concretas de cada persoa ou empresa. Seguindo estes criterios para o aprazamento da taxa de recollida de lixo comercial ás actividades pechadas, así como de todos aqueles impostos municipais pendentes de pasar a cobro.

• Iniciar o estudo para a posta en marcha, pasado o período de emerxencia sanitaria,  dun Plan de reactivación económica naquelas cuestións de competencia municipal (dinamización do  comercio local, fortalecemento dos servizos, incremento do investimento –vencellado a aquelas actuacións con maior impacto na xeración de riqueza e emprego-, etc. (As medidas a adoptar deben complementar ás doutras administracións).

• Estudar as demandas para flexibilizar o pagamento de alugueiros e concesións municipais aos diferentes axentes (praza de abastos, etc.) así como a posibilidade de elaborar axudas económicas directas a persoas afectadas e necesitadas.

• Demandar a eliminación urxente da regra de gasto, a obrigatoriedade de realizar plan económico financeiro, os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento dos Concellos, xa que restrinxen a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais, limitando enormemente a súa capacidade de resposta á crise.

• Reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitar situacións de exclusión. Propostas para actuar fronte ao Covid-19 dende o concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos