8.1 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

David Barbeira:”Teño un descontento moi grande pola pouca información que nos dan”

Desde o minuto 39, entrevista con David Barbeira neste 23 de marzo

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, expresou o seu “malestar” por non estar recibindo datos por parte das autoridades sanitarias autonómicas.

”Teño un descontento moi grande pola pouca información que nos dan” afirmou Barbeira en declaracións a Radio Xallas.”Nós non ocultamos nada, pero a información chega a contacotas”.

De tódolos xeitos, o rexedor enviou unha mensaxe de tranquilidade  e pediu “a máxima precaución posible” diante de “dúas semanas críticas” que están por vir.

Luz Vieito explicou distintas xestións

Estivo acompañado pola traballadora municipal, Luz Vieito, que forma parte da comisión de seguimento municipal xunto co rexedor, e con María Pose(PP), Jéssica Antelo(PSOE), Beni Bouzada(Protección Civil) e Manuel Pérez(Policía Local).

Luz Vieito detallou os distintos contactos para solicitar material e para pedir máis información, o que derivou nunha queixa á Subdirección Xeral de Información da Saúde e Epidemioloxía pola falta destas comunicacións.Con respecto ao material están á espera da Consellería de Sanidade.

Orgulloso dos veciños de Santa Comba

“Sabemos que é moi duro. Todos temos que facer sacrificios. Síntome moi orgulloso. Os veciños de Santa Comba, estamos á altura de calquera problema que nos poida xurdir” declarou o primeiro edil xalleiro.

Agradeceu, unha vez máis o traballo dos sanitarios e dos medios municipais, pero tamén a solidariedade de moita xente:”As perruquerías ou os comercios que nos deron material, ou xente que se ofreceu para facer mascarillas”.

Neste día, no que se confirmaron seis casos positivos por Covid-19 en Santa Comba, desde o concello reiteran que é necesario seguir cumprindo coas recomendacións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos