Entrevista con Xosé Abelenda a partir do minuto 65
Xosé Abelenda afronta estes días de cuarentena na súa casa de Grixoa de Esternande onde está por motivos familiares. Debido a súa tarefa de inspector laboral en Suíza ten “traballos pendentes” que facer pero as veces ten diante súa unha misión case imposible.
“A internet funciona moi mal no rural e debido á sobrecarga que existe, vai peor.Ningunha compañía me garantiza un servizo de calidade. No rural é difícil atender ao teletraballo. Aquí non temos nin banda ancha, nin banda curta” confesa Abelenda, que amplía esta problemática a outras localidades da zona.
Medidas máis duras contra o coronavirus
Con respecto á xestión do coronavirus opina que “había que adoptar medidas máis duras e parar todo tipo de actividades que non sexa fundamental como a sanitaria, a alimentación ou a das farmacias”.
Manda unha mensaxe positiva aos veciños:”Pídolle á xente que non desespere. Isto vai a pasar.Temos excelentes profesionais aínda que teñan falta de medios”.
Rearmar a sanidade pública galega
E pídelle ás empresas que sexan conscientes de que hai que cumprir as medidas de seguridade e ter en conta ós empregados que poden estar en situacións de risco.
Pensa que esta crise do coronavirus, servirá para valorar o teletraballo “que ata o de agora víase mal”, e a sanidade pública que “é preciso rearmar”. Tamén considera importante facer as compras no pequeno comercio.