16.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

“Unha muller preñada ten que camiñar dez quilómetros para ir ao médico”

XI Festa Africana no concello de Mazaricos.

O vindeiro sábado celébrase a XI Festa Africana no concello de Mazaricos. Está previsto que asistan unhas trescentas persoas a esta convocatoria da asociación Egueire que leva máis dunha década traballando para desenvolver iniciativas solidarias en Costa de Marfil.
Programa de actividades da Festa Africana

Ás doce do mediodía, proxectarase o filme “Tigernut” na aula de medios audiovisuais do colexio da localidade. O director, Antxon Monforte, participará nun coloquio vía Skype. Ás dúas do mediodía comezará o xantar no recinto feiral da Picota. A base será “unha grellada adobada con especias á maneira africana”.A música terá como protagonistas ás compoñentes do ballet tradicional Kiliandukili de Angola e ás pandereteiras da asociación As Neves de Buxantes, de Dumbría.

Traballo solidario de Egueire

Un dos promotores deste evento é o cura de Mazaricos, Xosé Manuel Pensado Figueiras, que destaca os distintos proxectos que se desenvolveron en Costa de Marfil, como a maternidade que leva funcionando desde fai tres anos ou os distintos programas educativos.
Recoñece que hai moita desigualdade e que por este motivo queren seguir traballando:“Unha muller preñada ten que camiñar dez quilómetros para ir ao médico” asegura.

De tódolos xeitos houbo avances importantes mediante novas infraestruturas realizadas ou a través dos microcréditos concedidos a cooperativas que supuxeron un cambio nas vidas de moitas mulleres:”Cando volvemos aquelas mulleres eran outras” indica Pensado.Estas acción son posibles grazas aos donativos dos socios de Egueire ou os fondos recadados na Festa Africana ou na cea solidaria do nadal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos