13.6 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Comunicado do goberno de Laxe sobre a cachela do campo do Escaravello

INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE SOLICITADA POLA ASOCIACIÓN TRIKITRAKES PARA A FOGUEIRA – CACHELA DE SAN XOÁN DO DÍA 23 DE XUÑO DE 2019.

Como é sabido pola maioría dos veciños, desde hai unhas semanas estívose amontoando leña no Campo do Escarabello para facer unha cachela o día de San Xoán. 

O 05/06/2019  a Asociación Trikitrakes formulou a solicitude de autorización municipal para a realización dunha fogueira – cachela con motivo da festa de San Xoán o 23 de xuño de 2019.

Por parte de varios veciños das inmediacions do lugar de celebración presentáronse no concello varias reclamacións verbais e por escrito.
Sométese o expediente sobre a realización da actividade a estudio e informe de técnicos municipais resultando:

-que as dimensións da cachela son as seguintes: 19 m de lonxitude, 7 m de ancho, altura de 2,30 m na parte traseira e 2,1m nos laterais, perímetro de 51,70 m.

-que o amoreamento de material destinado á queima situado no Campo do Escarabello pode chegar a causar perigo e desperfectos tanto en vehículos na vía pública como en edificios próximos e recoméndase a súa retirada.

-a cachela está ubicada en terreo que é de propiedade privada, da que non dispoñían de autorización por parte dos/as propietarios/as.

Para atopar unha solución viable que permita a realización da actividade contáctase co  Distrito Forestal da Zona II da Xunta de Galicia e coa xefatura do 112 na Coruña. Unha vez se lles explica as dimensións e características da cachela, comentan que non sería recomendable realizala debido ás dimensións por motivos obvios de seguridade pública e  a súa desmesurada dimensión.

Tendo en conta todos estes feitos, mantense no concello varias reunións con representantes da Asociación Trikitrakes e logo de explicarlles todos estes pormenores e dun cambio de impresións entre ambas partes, comunícaselle que non se pode autorizar a cachela por todos os motivos antes indicados. 

Nesta reunión tamén se lle propón aos responsables da asociación que o concello autorizaría a cachela sempre e cando reunan as condicións de volumen, que se conte coa correspondente autorización dos/as propietarios/as da finca e que se formalice unha póliza de responsabilidade civil.

Incluso se lles dou opción a facelo en terreo municipal (dentro do mesmo Campo do Escarabajo) sempre e cando reunisen os requisitos antes mencionados e tal como recolle a Resolución da Alcaldía podían solicitalo (incluso fora de prazo, dada a excepcionalidade da actividade)
O alcalde, José Luis Pérez Añón, ofrécese e xestiona co representante do dono da finca a autorización de ocupación da cachela.

Os responsables da Asociación Trikitrakes din que non consiguen que ningunha compañía de seguros lle contrate a póliza de RC e desde o concello se consigue que unha correduría de seguros lle tramite con Mafre a póliza de Responsabilidade Civil.

A Asociación Trikitrakes decidiu pola súa parte levantar a cachela e publicar a súa decisión en redes sociais “por virlle denegado o permiso de queima”.

Desde o concello non se vai a entrar a contestar polo miudo todos e cada un dos argumentos vertidos en redes sociais. O que quere deixar claro o grupo de goberno do Concello de Laxe é o seguinte:

A actividade non se axusta á normativa e, por tanto, o concello, non vai adoptar ningunha decisión que supoña incorrer nunha posible responsabilidade.

O equipo de goberno foi transparente en todo momento coa Asociación Trikitrakes informándolle das distintas actuacións que se realizaron segundo se ían desenvolvendo os feitos.

A actividade foi solicitada o 05/06/2019 sendo todavía alcalde José Manuel Mouzo Castiñeira, quen podía resolver sobre a autorización ata o 14/06/2019, ao igual que fixo coa autorización do Mercado Pirata que si deixou autorizada.

O alcalde do Concello de Laxe, José Luis Pérez Añón, actuou con responsabilidade tomando a decisión que lle pareciu máis correcta despois de escoitar aos técnicos e organismos relacionados coa materia.

Lamentamos esta decisión por parte da Asociación Trikitrakes pois a celebración era viable sempre que se cumpriran os requisitos de volumen, autorización do propietario da finca e póliza de RC, todos eles asumibles e posibles de cumprir.

Para este día estaban organizadas polo anterior concelleiro de Comercio, Hostalería e Turismo, Xosé Manuel Pose Lema, as actuacións do Tren da Unha, Dúo De Festa e Disco Móvil CDC.  O actual grupo de goberno ía manter a organización destes eventos, pero dado que a Asociación Trikitrakes decidiu levantar a cachela e suspender a actividade tomouse a decisión de suspender estas actuacións por considerar que non ten sentido manter o resto da celebración.  

Os compoñentes do equipo de goberno do Concello de Laxe en aras de que os veciños estean informados queremos que esta decisión sexa de coñecemento público xeral.

Laxe, a 21 de xuño de 2019

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos