12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

”A pesar de que tres persoas me deron unha puñalada o resultado foi boísimo e vou seguir traballando por Santa Comba”

AUDIO coa entrevista completa a María Pose

A portavoz do Partido Popular de Santa Comba criticou a postura do alcalde David Barbeira ao pactar co PSOE “xa que el dicía que non se podían facer pactos porque era faltarlle á palabra aos seus votantes e a súa familia”.

”Tiñan medo que o noso traballo tivera continuidade no tempo”

Para María Pose o pasado sábado “dúas persoas puxéronse de acordo para coller as rendas do concello, unha delas que había dito que baixo ningún concepto ia a facer pactos”. Neste senso pensa que primaron “os intereses privados e non o sentir do pobo de Santa Comba, que votou maioritariamente ao PP”.

Tamén precisou que “en 2015 gobernou a lista máis votada e despois fíxose unha moción de censura porque o goberno de Ucha era insostible e non tiña futuro. E Santa Comba empezou a ver un horizonte”.

Neste proceso, a exalcaldesa detectou “ansias de poder”, “ambición” e incluso “sensación de odio” e un interese de apartar ao Partido Popular :”Tiñan medo que o noso traballo tivera continuidade no tempo”.

Críticas de María Pose

María Pose tamén criticou abertamente ao exalcalde Antonio Landeira:”Nunca pensei que xente coa que traballei codo a codo me podía fallar e incluso votar en contra”. Acusouno de “estar traballando non para apoiar a María Pose”  e de “crear unha estela falsa de María Pose” buscando o seu desprestixio.

Tamén criticou que os exconcelleiros Francisco Ameijeiras e José Pose traballaron en contra do PP na pasada campaña.”Os resultados foron boísimos aínda que perdemos polos nosos propios afiliados e de que tres persoas me deron unha puñalada”Lembrou que quedaron a poucos votos da maioría absoluta e melloraron os resultados acadados nos tres últimos comicios municipais. 

María Pose confirmou a súa continuidade na política para “demostrar que na política non vale todo e traballar polo meu pobo”. Anuncia unha “oposición constructiva”. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos