15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Javier González:“Non nos presentamos para estar sentados na bancada de oposición á espera das seguintes eleccións”

O Partido Socialista de Mazaricos presentou a súa candidatura o pasado sábado nun acto que se desenvolveu na Casa da Cultura da Picota que se encheu para este evento.

O candidato Francisco Javier González Trillo asegurou que a súa prioridade é dedicarse ao interese xeral “e polo tanto non é de recibo usar a política para intereses persoais”, polo que dixo que o seu compromiso é “acabar coa política dos favoritismos do noso concello”.

Tamén promete unha mellor atención no servizo de Axuda no Fogar, traballar pola consecución “do tan ansiado Centro de Día”, e promover un plan de limpeza municipal xa que a limpeza dos núcleos máis importantes “non é da satisfacción dos veciños”.

No seu discurso avogou por desenvolver o Plan Urbanístico e facer un Polígono Industrial, apoiar aos empresarios e asociación e organizar unha Gran Festa da Xuventude.

“Queremos un concello que non mire cara outro lado de cara ás empresas eólicas, mentres estas acumulan beneficios millonarios é nos deixan no concello unhas limosnas” declarou González Trillo.

O candidato socialista amosouse optimista de cara as vindeiras eleccións.”Non nos presentamos para estar sentados na bancada de oposición á espera das seguintes eleccións”.No acto tamén participou o presidente provincial do PSOE e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos