6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Crónica da viaxe do alumnado do obradoiro Proturismo a Italia

Xornadas de promoción da prolongación do Camiño Santiago-Fisterra-Muxía e dos recursos dos concello de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría, en Italia.

Así nolo contan desde obradoiro(Nota de Prensa)

O alumnado do Obradoiro de Emprego Proturismo2017 dá por finalizada a promoción da prolongación do Camiño de Santiago-Fisterra-Muxía nunha xuntanza coa responsable de Turismo da cidade de Venecia. 

Durante catro xornadas o alumnado  do Obradoiro Proturismo2017  promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria,promocionou a prolongación do Camiño así como os recursos turísticos dos seus concellos. 

Despois de percorrer as axencias de viaxes en Bolonia e Venecia, nas que se facilitou o material turístico cedido pola Axencia Galega de Turismo e o elaborado polo Obradoiro, os alumnos-traballadores levaron a cabo, o mércores 6, dúas presentacións en institutos técnicos vinculados ao sector turístico. Durante as presentacións tamén se proxectaron diversas pezas audiovisuais nas que os alumnos venecianos puideron ver parte dos recursos turísticos dos concellos representados polo Obradoiro.

O xoves 7 o alumnado trasladouse a Castelfranco, vila profundamente vinculada á peregrinación, onde se reuniu co presidente da asociación Amigos do Camiño, Paolo Spolaore, cuxo obxectivo é restaurar unha das antigas rutas de peregrinación de Venecia a Santiago de Compostela. Spolaore recibiu ao alumnado no centro de acollida de peregrinos  e mostrouse moi interesado polo estado e a situación do noso Camiño, especialmente polos aloxamentos e servizos que o peregrino pode atopar ao seu paso, quedando moi agradecido pola información facilitada ao ser de gran utilidade para os numerosos peregrinos que recollen no seu centro a credencial.

Como broche final, o alumnado do Obradoiro e os representantes dos tres concellos foron recibidos no Palazzo Cavalli pola responsable de Turismo da cidade de Venecia, Paola Mar, e o asesor de Cultura, Giovanni Giuso. Durante este encontro  Paola Mar transmitiu a complexidade de xestionar o turismo nunha cidade como Venecia que recibe millóns de visitantes ao longo do ano, sinalando que o mais importante é non perder a esencia do destino permitindo a convivencia entre locais e visitantes.

Ante as preguntas de Paola Mar polo noso proxecto, Ada González, técnico de turismo do Concello de Dumbría, presentoulle as características do Camiño de Santiago a Fisterra Muxía así como a súa singularidade por manterse como un Camiño non masificado onde o peregrino se sumerxe na identidade da ruta conectando coa tradición e cultura locais. 

Anabel Piñeiro, directora do Obradoiro destaca a importancia deste proxecto tanto por ser unha iniciativa  pioneira a nivel Galicia dentro dentro dos programas mixtos de formación e emprego como polo traballo de promoción realizado por todo o alumnado. Coincide con Paola Mar en sinalar a  importancia de formar  e  contar coa xuventude de cara a futuros proxectos turísticos pola súa visión fresca e innovadora destacando que eles son o futuro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos