6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

O PP asegura que o concello de Zas renunciou a unha axuda para beneficiarios da Risga

Os populares falan dunha subvención de máis de 17.000 euros.

O Partido Popular de Zas denunciou que o goberno local  renunciou a unha subvención de máis de 17.000 euros da Xunta para a contratación de dous veciños que se atopan en situación de desemprego e cobrando a Renda de Integración Social (Risga). 

A axuda serviría para contratar durante sete meses a dous dos cinco veciños que, nese momento, recibían o subsidio que ofrece o goberno autonómico, algo “imperdoable” para os populares.

“Só hai dúas explicacións, ou Muíño é un auténtico irresponsable ao que lle dá exactamente igual a delicada situación que atravesan estes veciños ou, pola contra, que o Concello de Zas vailles a ofrecer algún tipo de emprego” declarou David Gómez.

O portavoz dos populares aproveitou tamén para criticar ao alcalde, ao que cualificou de “cínico” polas súas últimas declaracións nas que acusaba á Xunta de Galicia de ser a responsable dos problemas na tramitación das peticións do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

“Visto o visto, igual o problema é que señor Muíño non solicita ben as axudas ou, directamente, como neste caso, que renuncia a elas sen ter en conta o moito que fan falta. Despois dirá que é a Xunta a culpable de todo como fai sempre”, dixo Gómez Brandariz.

Axudas para estudantes

O PP de Zas tamén critica ao goberno do BNG de Zas por tramitar “tarde, mal e arrastro” as bolsas de axudas para os estudantes de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e estudos de Grao Medio e Superior.

“Estamos a falar dun total de 30.000 euros que lle virían moi ben ás familias de Zas que teñen menos recursos para poder pagar a formación dos seus fillos. O que non é normal é sacalas a estas alturas do ano” dixo David Gómez, que lamentou que só haxa “catro días” para presentar toda a documentación necesaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos