11.6 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

A Valedora do Pobo admite a queixa polo peche do Castelo do Príncipe

A plataforma pola Defensa do Castelo do Príncipe e o BNG de Cee agardan unha resposta positiva por parte da Xunta de Galicia.

A Valedora do Pobo admitiu a queixa presentada polo responsable da plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, Pablo Álvarez Caamaño e polo concelleiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez Louro na que solicitaban que se cumprira a lexislación vixente e que a fortaleza da Ameixenda se abrira ao público un mínimo de catro días ao mes.

Despois de recabar o apoio unánime do pleno do concello de Cee e de recoller milleiros de sinaturas, decidiuse presentar unha queixa diante da Valedora do Pobo que foi aceptada e polo tanto desde esta institución iniciaranse as accións oportunas ante Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Dende a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e o BNG de Cee agardan “que a resposta por parte da Consellería de Cultura sexa satisfactoria e que tomen as medidas oportunas para solucionar o problema da apertura do Castelo de Ameixenda, tal e como indica a lei; problema que, de terse arranxado, melloraría o turismo non só do Concello de Cee, senón de toda a Costa da Morte, sendo un incentivo económico importante”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos