10.8 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

O concello de Zas asegura que o Servizo de Axuda no Fogar é unha prioridade

Destina 200.000 euros a este servizo e lamenta as trabas da Xunta de Galicia.

O concello de Zas informa que a través do Servizo de Axuda no Fogar municipal presta todos os meses 1.782 horas de axuda no fogar para atender as necesidades de 69 veciños e veciñas, dos cales 52 persoas son dependentes e 17 usuarios de libre concorrencia.

Días despois das críticas lanzadas desde o Partido Popular local, o goberno local aclara que se destinan uns 200.000 euros anuais a este servizo, xa que “a atención á dependencia é unha prioridade”.

Aseguran que froito da petición do concello desde o pasado mes de setembro dispoñen de 519 horas máis, xa que había 17 persoas en lista de agarda.Iso si, desde o concello de Zas indican que “o servizo de asistencia no fogar é unha demanda que vai en aumento debido ao envellecemento da poboación”.

Trabas administrativas por parte da Xunta

Neste senso o alcalde Manuel Muíño alude “ás  trabas administrativas para a ampliación de horas e lamenta que o Concello de Zas teña un menor número de horas asignadas con respecto a outros concellos da contorna cun número similar de persoas dependentes”.

A pesar destas dificultades o rexedor anuncia que seguirá reivindicando as “ampliacións precisas para que os veciños e veciñas de Zas dispoñan da atención que precisen”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos