É o terceiro porto galego en tráfico de mercadorías despois do de Cariño e Ribadeo. Portos destina 31.000 euros para a ampliación da vía de acceso ao porto.
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán,anunciou que o porto comercial de Brens no municipio coruñés de Cee, vén de rexistrar, ao peche do terceiro trimestre do ano, a maior suba interanual no tráfico de mercadorías do conxunto dos peiraos autonómicos.
O peirao rexistrou un volume de carga e descarga de máis de 284.000 toneladas ata o 30 de setembro, o que supón un incremento de máis do 8% respecto ao mesmo periodo do pasado ano.É o terceiro porto de Galicia en tráfico de mercadorías despois do de Cariño e Ribadeo.O tráfico principal foi o de coques e semicoques de hulla con 95.000 toneladas seguido do mineral de manganeso, 82.000 toneladas; e as ferroaleaccións.
Na súa visita a Brens, estivo acompañado polo alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade, o director de Ferroaltántica, Javier Vázquez e polas concelleiras do Partido Popular, Zaira Rodríguez e Mabel Fernández.
Durán anunciou ademais que se vai a investir máis de 31.000 euros para a ampliación da vía de acceso ao porto. Segundo a Xunta “esta actuación consistirá no derrube dun muro que non ten funcións operativas actualmente para ensanchar o acceso permitindo a circulación de transportes especiais”.
BNG de Cee
O portavoz do BNG en Cee, Serxio Domínguez Louro defenderá no pleno desta noite(20,00h) unha moción na que propón instar á Xunta de Galicia “ a incluír nos orzamentos do ano vindeiro que está a tramitar no parlamento, unha partida económica para comezar os proxectos e obras necesarias”.