9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

A Xunta contrata a restauración das pinturas de Moraime

@cristobalmourin // A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria formalizou o contrato de servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía (A Coruña.

O executivo autonómico destina 50.000 euros para esta mellora que ten un prazo de execución de cinco meses. Segundo a Consellería de Cultura as tarefas que se realizarán “consistirán na limpeza da superficie, aplicación de tratamentos contra o biodeterioro, consolidación do soporte e reintegración da policromía”.

Ver reportaxe- «Moraime, la joya oculta»

Tamén se retirarán os morteiros antigos que serán substituídos por outros novos. Realizaranse mapas de estado de conservación das pinturas localizadas no muro norte e que representan os sete pecados capitais “a través da personificación do pecados e da representación dos seres demoníacos que instigan os vicios e virtudes e que animan a practicar a penitencia e a oración”.

As pinturas sofren os efectos da humidade. Desde a Xunta lembran que en 2014 e 2015 leváronse a cabo obras atallar a entrada de auga por capilaridade e filtración nos muros da igrexa, nas que o goberno galego investiu máis de 105.000 euros.

A igrexa do antigo mosteiro de San Xiao de Moraime conta coa declaración de Ben de Interese Cultural, coa categoría de conxunto histórico, e constitúe un dos exemplos do románico galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos