6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Mazaricos e Vimianzo celebraron as súas Festas dos Maiores

«É un recoñecemento ás persoas maiores da comunidade, que tanta sabedoría aportan» afirma o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.

Vídeo e fotos  do Concello de Mazaricos

Preto de mil persoas participaron no «Xantar das Persoas Maiores» que se celebrou no polideportivo da Picota, organizado polo concello de Mazaricos.  O menú estivo composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e postre. Non faltou a animación musical co trio Élite e co grupo de gaitas O Verán.O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou que “este tipo de celebracións son importantes porque é un recoñecemento ás persoas maiores da comunidade, que tanta sabedoría aportan”.

XVI Xuntanza en Vimianzo

E case 900 veciños participaron nunha iniciativa similar no concello de Vimianzo, denominada «Xuntanza dos Maiores». Aparte do xantar o evento desenvolvido no pavillón polideportivo local contou coa actuación do humorista Isi, do grupo Época, da charanga Escándalo e de artistas locais.

A semana pasada Santa Comba acollía tamén unha nova edición da súa Festa dos Maiores.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos