17.1 C
Santa Comba
martes, octubre 1, 2024

O concello de Muros acorda recuperar o servizo de Noitebús

A corporación decidiu adherirse a central de contratación da Fegamp e creación  da Mesa local contra a violencia de xénero. María Xosé Alfonso asegura que está traballando na elaboración dos orzamentos.

Adhesión a central da Fegamp

No pleno onde se rexeitou o recoñecemento extraxudicial de crédito tamén se trataron outros temas.O concello de Muros acordou por unanimidade adherirse a central de contratación da Fegamp.A alcaldesa María Xosé Alfonso asegurou que era un asunto “interesante” e que supoñía “o primeiro paso para a contratación do subministro eléctrico”.O Partido Popular lamentou que “tardaran dous anos en darse de conta da existencia deste sistema”. No pleno celebrado o pasado xoves tamén se acordou a constitución da mesa local contra a violencia de xénero.

Adiante coa proposta do BNG sobre o Noitebús

Coa abstención de PP e PSOE  e o apoio de Compromiso por Galicia, saíu adiante unha moción do BNG para a posta en marcha do servizo de Noitebús. O voceiro nacionalista, Manu García, falou da importancia deste servizo e acusou a populares e socialistas de buscar escusas para non apoiar o texto.

O PP pediu “un estudo máis profundo” e medidas máis amplas que tamén poidan afectar as “carencias” que hai no transporte urbano. Inés Monteagudo propuxo un convenio coa frota de taxis de Muros e pensa que os usuario tamén deben de financiar unha parte do servizo.

Caridad González solicitou que o asunto quedara enriba da mesa para analizar entre os grupos xa que considera que se trata “dunha proposta moi xenérica” que non ten un orzamento.”Non somos capaces de pagar a luz, para poñer un noitebús” manifestou a voceira do PSOE.María Xosé Alfonso apoiou a moción aínda que aclarou que hai que estudar a viabilidade do seu financiamento.

Orzamentos sen data

Na quenda de rogos e preguntas, e en resposta á voceira socialista, a alcaldesa María Xosé Alfonso asegurou que o equipo de goberno estaba traballando na elaboración dos orzamentos pero non preciso unha data aproximada de remate dos mesmos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos