9.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

A Xunta transfire un treito de estrada a Santa Comba

O treito forma parte da avenida de Tomé Taboada e ten unha lonxitude de 0,79 quilómetros, iníciase na intersección coa rúa Carmen Santiso  e finaliza na intersección coa provincial DP-7702.

 

O Consello da Xunta autorizou hoxe o proxecto de decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada AC-404, situado entre os puntos quilométricos 0+570 e 1+350, cunha lonxitude de 0,79 km, a prol do Concello de Santa Comba.

O Concello de Santa Comba solicita o cambio de titularidade do tramo da estrada autonómica AC-404 (Santa Comba – Baio), comprendido entre o seu inicio e a intersección coa estrada provincial DP-7702, que discorre polo seu termo municipal. O tramo forma parte da avenida de Tomé Taboada e ten unha lonxitude de 0,79 quilómetros; iníciase na intersección coa rúa Carmen Santiso e finaliza na intersección coa DP-7702, próxima á Casa do Concello.

O tramo está clasificado como urbano e rexistra un tráfico de tipo principalmente local. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais.

Os primeiros 570 metros desa estrada pertencen á rede da Deputación da Coruña, polo que a Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito da estrada AC-404 situado entre os puntos 0+570 e 1+350. Co cambio de titularidade, o Concello de Santa Comba poderá actuar sobre esta vía, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos.

O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Nota de prensa-Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos