13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O BNG de Coristanco discrepa de Abraham Gerpe

Sobre a renuncia, din que “non se trata dunha renuncia xenerosa en prol das arcas municipais senón da renuncia a un compromiso político e social”.

O BNG de Coristanco quixo resolver a polémica da renuncia do edil socialista Abraham Gerpe, poñendo de manifesto as súas discrepancias xa que entenden que “non se trata dunha renuncia xenerosa en prol das arcas municipais senón da renuncia a un compromiso político e social” porque explican que “se alguén renuncia ao seu posto de traballo, en consecuencia, o lóxico é que deixe de percibir o correspondente salario”.

Os nacionalistas entenden que a verdadeira xenerosidade é o esforzo e o traballo en favor do concello para dar volta “á lamentable, caótica e preocupante situación que nos deixaron os mandatos do Partido Popular”.

O BNG, que está representado pola edila Laura Mariño Taibo, asegura que se decatou da renuncia de Gerpe de maneira indirecta e por sorpresa. Consideran que no canto de renuncias era o momento de “reforzar a palabra dada e o compromiso co traballo duro que temos por diante” e aínda que respectan a decisión do edil socialista teñen claro que “racha un acordo asinado por escrito hai un ano”.

Os nacionalistas esperan que o PSOE cumpra e manteña o seu apoio ao goberno local e referendan o seu respaldo ao pacto de goberno “e seguiremos traballando con máis ganas se cabe nas nosas áreas de goberno”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos