8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Ángel Alvariño: “Estamos aquí para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños»

O seu proxecto para Neda basease na optimización dos recursos o que lle permitiu facer melloras nas infraestructuras e nos servizos municipais. O seu reto é rematar o plan xeral de urbanismo para dotar de seguridade xurídica ao concello.

Milagros Lara

P- Contento cos resultados das primarias no seu partido? 

R- De feito foi o resultado de Neda. Nós non fixemos preguntas aos militantes e foi moi sorprendente.

P- Neda ten estabilidade máis aló das dificultades que poida ter unha coalición de goberno. Boa relación co BNG e Converxencia, logo?

R-Temos estabilidade total no goberno e estamos completamente coordinados con todos. E tamén hai que recoñecer que o primeiro día antes de establecer a coalición cando se falou o tema co anterior alcalde, Ignacio Cabezón, ofreceunos a posibilidade de gobernar en solitario con acordos puntuais.

Polo tanto agradecido a ese labor e a esa oposición leal, as veces con erros, pero tamén os temos nós. Hai un ambiente moi cordial, non hai enfrentamentos e eu lles teño que agradecer esa posición a todos. E sobre todo a comprensión porque dos erros se aprende. Queremos mellorar. E podemos mellorar.

P- Alcalde, se  mira os dous anos que leva de mandato, qué ve vostede? 

R-Estamos aquí de paso pero o tempo que esteamos sexa para mellorar as  condicións de vida dos nosos veciños. Penso que estamos no bó camino.

Vexo unha optimización de tódolos recursos. Desde un punto de vista económico, coas primeiras medidas que tomamos de aforro e de eficiencia dos recursos do concello dimos volta a unha situación o que nos levou, no ano 2016, a ter un remanente de tesorería moi importante a pesar de executar con fondos propios unha cantidade de máis de cen mil euros en aglomerados de rúas, centros sociales, o parque infantil para a escola infantil….

Eu penso que é unha das medidas boas que nos permite nestes momentos ser un dos concellos que paga aos seus proveedores a nove días, que é o obxectivo que ten a Xunta e que en Neda se está cumplindo, polo que temos que dar as grazas, aparte do equipo de goberno aos funcionarios polo importante labor que están desenvolvendo no traballo diario. A pesar das trabas que nos pon o goberno de Madrid para contratar persoal, o persoal que está a traballar faino dunha forma eficiente e saca o traballo adiante. 

E no canto dos recursos supramunicipais, para nós o POS+ da Deputación foi algo formidable. Anulounos once convocatorias que esixían uns trámites administrativos complicados e por outra banda eses recursos van onde verdadeiramente se precisan. Estamos cunha cantidade moi importante facendo cousas moi importantes en todo o concello.

P- Cales son esas actuacións?

R- Estamos con plans moi ambiciosos, de feito no próximo pleno se fará o último trámite da apertura escola infantil para que o un do mes de setembro estea xa en marcha. Un un plan en tódolos viarios do concello, onde por primeira vez se anulou a gravilla e estamos a aglomerar co cal conseguimos por unha banda que os veciños teñan uns viarios moito máis acordes cos tempos actuais para poder circular e, por outra banda que estes investimentos sexan financieramente sustentables, quere dicir, que van durar moitos anos, vainos traer un aforro en rebacheos, en uso de maquinaria externa para a limpeza das cunetas etc. Nestes momentos temos proxectados máis de 600.000 euros en aglomerados para o exercicio 2017 e vai quedar unha parte moi importante de Neda lista. 

P- A escola infantil tivo moitos atrancos…

R- Xa no 2011 cando estabamos na oposición dixeramos que non se podía ter pechado esa escola, inda que era concertada coa Xunta de Galicia,  perdeuse unha axuda de case 50.000 euros que Política Social concede a tódalas escolas concertadas e nestes momentos o que nos atopamos foi cunha reforma dunha escola antiga e na que se invertiron 125.000 euros, sen embargo ao lado, no concello de Fene ten unha escola da mesma época nova, derrubouse a vella, cun coste de 400.000 euros e consorciada directamente coa Xunta de Galicia. É dicir, hai discriminacións entre concellos. E por isto tivemos unha reunión co secretario xeral da consellería e nós nos comprometimos a abrila pero pedímoslles a eles que en todos os concellos teñan os mesmos criterios. Polo tanto, apoio a educación, apoio ao centro San Isidro, ao colexio de Maciñeira, ao instituto e tamén á escola infantil que é o último trámite que nos queda.

P- Xa que fala dos nenos, os parques infantís non sempre teñen as mellores condicións para os rapaces, hai algún proxecto para melloralos?

R- É outra das medidas que se está a tomar. Temos agora unha partida moi importante de setenta e mil euros para cambiar tódolos solos dos parques dos nenos para dotalos de máis seguridade e adaptalos a normativa. O arquitecto está agora a facer o proxecto. Estamos mellorando inda que leva moito tempo e ten uns custos moi importantes. 

P- Outro proxecto do que vostede falou no seu momento é o centro de día, cómo vai?

R- Sabemos onde o queremos. Ao lado do centro cívico hai un lugar que era o sitio da escola infantil. Decisións erróneas anteriores fixeron que se levara para outro lado.  Non queremos mirar cara atrás pero sí ese sitio. Onde estaba a escola unitaria queremos derrubala dunha vez por todas e antes de empezar os trámites e antes de poñer a primeira pedra e comezar os trámites da construcción falar coa Xunta de Galicia para ver a forma de crear este Centro de Día que tanto necesita Neda. Temos cinco mil e pico de habitantes e necesitamos ese centro porque as persoas maiores que teñen que estar coas súas familias tamén de día teñen que estar nun lugar no que poidan estar atendidas e entretidas.

P- Están a darlle pulo as asociacións de vecinos, en qué medida?

R-  Duplicáronse as axudas a todas ou prácticamente todas as entidades do concello, e imos seguir subindo porque todo aquelo que fai unha asociación veciñal ou deportiva, son recursos cos que están axudando ao concello e polo tanto o concello está aforrando e temos que axudarlles a eles de forma importante.

P- Neda ten varios lugares emblemáticos, a fervenza do Belelle, Ancos, o paseo marítimo ou os muiños, qué se está a facer por eles?

R- Vimos de rematar algo que se nos criticou: o acceso á Fervenza do Belelle. Hoxe todos os veciños poden acercarse a ela, Falta un aparcamento pero os terreos xa están cedidos polos propietarios e estamos xa cos trámites administrativos para facelo e que a xente poida circular ata a Fervenza.

A paraxe emblemática coma é o mirador do monte de Ancos, neste momento se está a limpar de novo todo o entorno. Vaise facer unha plantación de castiñeiros na zona de arriba. De feito o pasado xoves comezou a limpeza e máis adiante se fará a plantación, na súa época, en novembro. Aquela madeira que se vendera por parte da anterior corporación e non se recollera a biomasa, non se executara sobre ela, nós imos facelo.

A ruta dos muiños contemplouse xa en varios proxectos. Estamos tentando de limpar e cun proxecto en Augas de Galicia que nos permita acondicionar todo, que nos permita limpar cun tractor desde Santa Maria ata o muiño de Taxoneras. Alí estamos en contacto con Juanito, o xogador do Compostela, que é o propietario, para buscarlle unha saída por alí de forma que se poida pasear. Pero que esas actuacións sexan co tractor porque si non se o fas con persoas manualmente cando rematas nunha zona xa tes a outra crecida e tes que volver a empezar, sobre todo na beira do río.

No paseo marítimo fixemos unha mellora desde o cemiterio de San Nicolás ata a vía do tren. Limpamos todo o que é o entorno da autopista. Hoxe tódolos días transita xente que vai cara a Xubia, cruza a vía do tren, ata o Ponto e completa. Hai unha vía circular e Neda a fixo. Estamos agora en conversacións co concello de Fene para lograr que este acceso chegue ata Fene. Certo é que temos problemas legais coas propiedades dos terreos e temos que ter autorizacións de ADIF para que nos deixe limpar e tamén dos propietarios.

P- Precisamente foi no paseo marítimo onde se fixeran dous proxectos, qué foi deles?

R-Alguén terá que dar explicacións deses dous proxectos. Pagáronse dous proxectos aos arquitectos, un para montar un cocedeiro no Puntal e outro para montar unha cafetería en Xubia. O de Xubia, está nos terreos de Costas, está alí o proxecto para executar. Parece ser que este proxecto non se falou para nada cos servizos xurídicos do concello e o secretario entende que nese terreo o uso dese solo para este tipo de servizo é incompatible coas normas subsidiarias que están a rexer aínda en Neda, e polo tanto non se pode executar. Non é unha cuestión desta corporación.

Nós queríamos levalo adiante. Neste caso temos unha seguridade xurídica, polo tanto si o secretario dí que non podemos sácalo á licitación, non o sacamos. Eu veño facer a cousas legales pero xurídico non son e existe un secretario que é o que nos informa si se poden executar ou non. Penso que faltou moita seriedade en moitas cousas. Con tódolos meus respectos e o cariño que eu lle teño ao anterior alcalde e, sobre todo, o respecto institucional á anterior corporación, se equivocaron.

P- Estamos remantando maio e os orzamentos para cando?

R- Para o xoves 1 de xuño. Este ano chegamos a uns orzamentos de 4.400.000 euros sen incluir o Plan da Deputación que se vai aprobar a finais do mes, co que vai a 4.500.000 euros que nun concello de 24 km cadrados non esta mal. Sobre todo porque temos unha partida do gasto de persoal por debaixo do 25% porque temos pouco persoal e nós tan pronto chegamos ao concello quitamos a adicación exclusiva. Nestes orzamentos  increméntanse as partidas sociais en máis de cen mil euros, é o máis importante dos orzamentos para o 2017. 

E despois recollemos tódalas propostas que nos fai calquera persoa. Nós estamos para gobernar para tódolos veciños, non só para os do PSOE o BNG ou Converxencia Galega, e recollemos tódalas propostas que se pode porque as veces non podemos. Unha das demandas foi unhas bonificacións para as familias numerosas, esta por exemplo hai que estudiala ben porque as veces unha familia numerosa ten máis recursos que outra familia sen ser numerosa e por tanto estaríamos a facer unha discriminación negativa. 

P- Para rematar, alcalde, hai algún asunto no que teña especial preocupación por sacar adiante?

R- O PXOM. Que é o que nos está a botar todo para atrás. 

E o saneamento da ría que para nós é un tema principal dado que a ría é unha fonte de riqueza para moitos mariscadores e para moitas familias. É un tema ambicioso, que está fóra das nosas competencias pero que sí nos gustaría que se fixera porque se queremos contribuir a sanear a ría. Que o Ministerio tivera os recursos necesarios para botar esa barreira artifical que se fixo vai máis de cen anos para que o tren chegase desde O Couto ata Neda, levantala e facela tal e como se fixo a autopista.

Nen máis nen menos. E unha inversión importante pero executable e que o que faría sería recuperar a ría. Xa se trasladou ao noso senador Ángel Mato e tamén á deputada de En Marea Yolanda Díaz e trasladouse nas enmendas aos PGE. Ainda que é complicado, que se blinden as partidas e se non é para o ano 2018 que sexa para o 2020, estea quen estea, e que se mellore a ría porque seria fundamental. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos