En pouco máis de cen segundos os candidatos á secretaría xeral do PsdeG resumiron a mensaxe que veñen trasladando nas últimas datas.
Gonzalo Caballero pediu un “voto en liberdade, en rebeldía e con orgullo socialista”. Entende que “hai que seguir remando non podemos retroceder” en base a un proxecto “de esquerdas, galeguista, feminista, ecoloxista, para que Galicia teña un goberno progresista”.
O actual secretario xeral asegura que non se “resigna” e “sigo sudando a camiseta socialista” e lanzou unha advertencia:”Non quero que o partido avance cara un escenario de complexidade”.
Confrontar con Feijóo e non connivencia
Defende “un proxecto de ilusión, futuro e esperanza, para avanzar pola esquerda e non optar por modelos máis conservadores”.
Pensa que hai que “confrontar co modelo do PP e de Feijóo e non ter máis connivencia”, optando “polas bases e a militancia non por un modelo de baronías”.Está convencido de que hai que seguir traballando para conseguir “resultados históricos” nos vindeiros comicios. Pide unha participación masiva.