7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

A Marea Galeguista apoiará un goberno progresista pero con condicións que beneficien a Galicia

A Marea Galeguista apoiará un goberno alternativo a Feijóo pero con determinadas condicións:”Apoiaremos un goberno progresista, un goberno de cambio, pero con condicións» declarou o candidato Pancho Casal.

AP-9

Unha desas condicións será «a transferencia e rescate para o público da AP9». Neste senso criticou que «desde que o BNG, Podemos e o PSdG apoiaron a investidura de Pedro Sánchez, non se volveu a falar da AP9, atopándose so silencio e esquecemento», o que considera inxustificable, tendo en conta que «os galegos se deixan nesta autoestrada mais de 150 millóns de euros ao ano».

A Marea Galeguista estima que o custo «é moi inferior ao que sería construír esa A57 paralela, un invento a maior gloria dos grandes construtores, pero non un beneficio verdadeiramente para a cidadanía», e afirman que «analizando as contas da AP9 consideramos que con entre 1400 e 1500 millóns de euros a pagar en 30 anos, o que serían uns 40 ou 50 millóns de euros ao ano, a autoestrada sería pública, polo que entra dentro das posibilidades orzamentarias da Xunta de Galicia, por iso esta será unha das nosas condicións».

10.000 millóns de euros

A esa condición de transferencia e rescate para o público da AP9 engaden, como puntos clave para que a Marea Galeguista apoie un goberno de cambio, «os 10000 millóns de euros para Galicia que levamos reclamando e o pase a público de todos os coidados, sanidade, dependencia, educación…» segundo indica pancho Casal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos