12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Gonzalo Caballero:“Só o PSdeG pode darlle a Galicia un goberno en conexión coa maioría de progreso”

Despois do mitin da Coruña con Pedro Sánchez, o candidato socialista, Gonzalo Caballero visitou Camariñas. Como sinalou o político vigués, estaba “nun concello vermello” de “compromiso socialista”.

A alcaldesa Sandra Insua, lembrou ao veterano exalcalde de Vimianzo Alejandro Rodríguez, falecido este sábado.Tamén augurou que Caballero ía “ser o próximo presidente da Xunta” e puxo en valor que servirá para que a vila estea “presente”.

A candidata e concelleira socialista camariñana, Encarna Liñeiro apuntou:“Camariñas necesita un presidente que sepa onde está a Costa da Morte”. Tamén intereviu Diego Taibo que criticou a xestión de Núñez Feijóo.

Pola súa parte, Gonzalo Caballero, amosouse confiado nun cambio  se “todos aqueles que o ano pasado votaron polas forzas progresistas” nas municipais e nas xerais acuden a votar “para facer unha Galicia mellor: con máis emprego e con mellores servizos públicos, sen esquecer o rural e dándolle impulso ás cidades”.

Caballero manifestou:“Só o PSdeG pode darlle a Galicia un goberno en conexión coa maioría de progreso, e fronte ao relato da dereita de que as eleccións están gañadas, a xente quere cambio en Galicia”.

Na súa intervención engadiu que “fronte á desmobilización e á inacción que quere o PP, nós temos ganas, ilusión, forza, mobilización e dinamismo porque somos o cambio posible e con garantías para Galicia”, enfatizou, antes de engadir que “non pode quedar na casa un só voto progresista”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos