7.4 C
Santa Comba
jueves, diciembre 1, 2022

Juan Carlos Piñeiro:”No panorama político galego moita xente quedouse anos atrás”

Compromiso por Galicia presentará medio cento de candidaturas ás eleccións municipais, a metade do obxectivo inicial, debido a «desafección»da xente coa política.

Audio a partir do minuto 32

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, reivindicou para o Parlamento estatal “unha voz propia con forza ao estilo do noso socio o PNV ou Coalición Canaria”, aínda que recoñeceu que os comicios xerais “non é a nosa convocatoria máis prioritaria”, deben de servir “para dar a coñecer o noso proxecto”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, lamentou a “postura demasiado interesada” e a falta de “xenerosidade” e de “traballo” ante a proposta de “roga galega” formulada a BNG e En Marea, que nin tan sequera estableceron un mínimo diálogo:”Algún non pon a Galicia no centro de decisión, senón os seus propios intereses ou estratexias”.

“Somos unha forza galega pero non estamos no camiño da independencia”

Piñeiro explicou que Compromiso por Galicia “somos unha forza galega pero non estamos non camiño da independencia” o que lle permite unha certa flexibilidade:”Se tivéramos representación no parlamento do estado, poderíamos falar cun lado ou co outro do arco parlamentario tanto coa dereita como coa esquerda co obxectivo de traer inversións, competencias e benestar a Galicia”.

Mencionou a Compromiso como “un partido honesto sen ningún escándalo”, que utiliza o”sentido común” e que está “na mensaxe da construción europea”.Juan Carlos Piñeiro declarou que”no panorama político galego moita xente quedouse anos atrás”.

“A caza está regulada”

Sobre as elección municipios puxo a Lalín e a Muros como exemplos de boa xestións e informou que se presentarían unhas 50 candidaturas, a pesar de que “o noso obxectivo eran 100 candidaturas”.

Sobre a problemática dos ataques da fauna salvaxe, o secretario xeral de Compromiso por Galicia defendeu a necesidade de “facer un control cinexético” e sobre a caza lembrou que “está regulada e contra unha regulación non hai nada que dicir”.

Asegurou que “somos a única organización política galega que está traballando co Foro Rural Mundial, para ir achegando solución ao rural”.Pensa que o camiño está “en buscar o equilibrio”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos