Audio coa entrtevista a Raquel Rodríguez desde o minuto 64 de emisión.
A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vimianzo, Raquel Rodríguez Amigo, valorou a candidatura que lidera, como un equipo de “xente preparada, responsable e valiente” que se marca como obxectivo “gañar as eleccións e gobernar para todos”, abandonando as “liortas” representadas “por dúas persoas que se pelexan pola Casa da Cultura”.
Rodríguez quere “abrir as portas do concello e rematar cos intereses privados” que existen “desde fai moitos anos”.Recoñeceu que “O PP atravesou problemas pero hoxe está máis unido e forte que nunca”.
Desgoberno e ditadura de Manuel Antelo
Sobre o actual goberno de Manuel Antelo opina que é “un desastre, un desgoberno e unha ditadura”, coas parroquias abandonadas.”Tivo catro anos de goberno con maioría absoluta e non fixo absolutamente nada”.
A intención de Raquel Rodríguez é “devolverlle a ilusión aos veciños” e que a xente perda “o medo” porque o alcalde “ou estás con el ou en contra”. Tamén pretende promover medidas para a creación de emprego e apostar polo rural.
Puxo como exemplo do talante autócrata de Manuel Antelo que “a súa propia xente dixo que non había con quen gobernar”, citando as renuncias de dous estreitos colaboradores durante anos do mandatario.Os populares piden a “confianza” dos veciños de Vimianzo.