7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Os doce compromisos de Villoslada

Primarias no PSdeG- Villoslada difunde doce compromisos.

 

O deputado Juan Díaz Villoslada formalizou a súa precandidatura a secretaría xeral do PsdeG  e lanzou os seus primeiros doce compromisos.“Anunciarei novas medidas orgánicas e de carácter político nas próximas semanas, pero entre os compromisos que presento hoxe destaco a necesidade de reforzar as canles de participación da militancia, así como a rendición de contas por parte dos cargos do PsdeG” indicou Villoslada.

Estes son os 12 compromisos

1- Potenciar a voz das comarcas para maior coordinación, contacto e proximidade coas agrupacións locais. 

2- Revitalizar as Casas do Pobo como centros de debate, formación e xeración de valor para a cidadanía 

3- Darlle ás mulleres o protagonismo que merecen nas institucións e cargos orgánicos do partido. A loita pola igualdade comeza por nós mesmos. 

4- Crear unha rede social interna para debater ideas, propostas ou realizar votacións con novas canles de participación real. 

5- Celebrar un foro anual da militancia coa presenza do SX, Executiva e cargos institucionais, con intervencións e preguntas abertas dos militantes 

6-Ter unha executiva funcional paritaria e operativa formada por xente especializada na súa área que preste un servizo permanente a Galicia, á militancia e ás agrupacións 

7-Esixir rendición de contas aos cargos públicos, cun calendario de reunións e encontros comarcais coas bases establecido polo territorio. 

8- Impulsar as agrupacións inexistentes ou “durmidas”facendo un estudo pormenorizado dos concellos onde o partido non é activo e reactivar a presenza cunha persoa na Executiva que atenda de xeito directo ás agrupacións que están na oposición.

9- Captar talento e compartilo.Ter unha axenda de militantes ´voluntarios´especializados en temas, que poden impartir formación ou axudar cando as agrupacións o soliciten. 

10- Abrir o partido á xuventude impulsando mecanismos para ampliar a nosa base e atraer á xente moza que garanta o relevo xeracional e mova a novos posibles votantes 

11-Establecer a obligatoriedade de consultar á militancia decisións relacionadas coa estratexia política do partido, como por exemplo os pactos poselectorais ou a posición sobre asuntos de especial trascendencia. 

12-Reforzar o partido coa figura dunha vicesecretaría xeral forte, no momento no que o Secretario Xeral asuma responsabilidades de goberno.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos