6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

A Xunta suspende o transporte escolar en 173 concellos polo mal tempo

Tamén se suspenden as actividades no exterior dos centros educativos o mércores e xoves.

Na provincia da Coruña os concellos afectados son Ames,Aranga,Arzúa,A Baña,Boimorto,Boqueixón,Brión,ACapela,Coirós,Curtis,Frades,Irixoa,Melide,Mesía,Monfero,Negreira,Ordes,Oroso,O Pino,As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba,Santiago de Compostela,Santiso,Sobrado,AsSomozas,Teo,Toques,Tordoia,Touro,Trazo,Val Do Dubra,Vedra e Vilasantar.

 

Nota Aclaratoria difundida pola Xunta as 19:15h deste martes

Diante das dúbidas suscitadas por membros da comunidade educativa, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere aclarar o sentido da nota de prensa sobre a suspensión de transporte escolar: 

1. O transporte de entrada aos centros educativos está suspendido a partir das 12,00 horas en determinadas zonas, dado que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declara un fenómeno adverso meteorolóxico a partir das 12 do mediodía de mañá mércores día 22 de marzo (salvo as puntualizacións nas zonas de montaña de Sur de Ourense, Montaña de Lugo, Montaña de Ourense e Valdeorras). A prioridade en cada unha destas decisións é a seguridade e salvagarda do alumnado. 

2. A suspensión do transporte escolar afecta dende o momento en que se declaran circunstancias meteorolóxicas adversas pola AEMET, polo que non haberá transporte de recollida do alumnado mañá a mediodía nin, no seu caso, transporte de tarde. Diante desta circunstancia, os proxenitores elixirán recoller ao alumnado mediante medios de transporte non colectivos, ou non enviar ao alumnado ao centro educativo. A decisión de suspender o transporte de regreso baséase na situación de risco existente para o transporte colectivo, en función da predición meteorolóxica comunicada polo organismo con competencias sobre a materia, a AEMET. 

3. Os centros educativos, dado que non existe suspensión da actividade lectiva, permanecerán abertos durante toda a xornada lectiva. 

4. Salvo que se comunique o contrario por cambio nas predicións meteorolóxicas, o xoves día 23 de marzo, non haberá transporte de entrada aos centros educativos, polo que o alumnado, para as familias que o desexen, deberá acceder aos centros en transporte non colectivo. Dado que o adverso meteorolóxico finaliza o día 23 ás 12,00 horas do mediodía, si existirá transporte de regreso desde os centros educativos. 

5. A Consellería quere aclarar que noutras ocasións suspendeuse o transporte de entrada e saída dado que a comunicación das circunstancias meteorolóxicas adversas iniciáronse antes do comezo das clases. 

6. A Consellería quere poñer de manifesto que o transporte en vehículos colectivos supón un risco maior que noutro tipo de vehículos, polo que adopta a decisión de suspender o transporte escolar co fin de garantir a seguridade do alumnado. 

7. Na adopción desta decisión prima, en todo momento, a seguridade do alumnado que emprega transporte escolar, tendo en conta as previsións de alertas meteorolóxicas da AEMET, que son diferentes en cada área xeográfica en función do risco de nevarada.  

Nota de prensa da Xunta de Galicia 

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS SUSPÉNDESE MAÑÁ E PASADO PARTE DO TRANSPORTE ESCOLAR NALGUNAS ZONAS

Ademais, nestas mesmas zonas suspenderanse as actividades no exterior dos centros educativos.Non se determinou a suspensión da actividade docente .

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá parte do transporte escolar e as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas, ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta.

En concreto, as indicacións serán as seguintes:

Zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 12,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo

Zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 08,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo

Zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 00,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo

Zona de predición meteorolóxica de Valdeorras: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 09,00 horas do día 22 e as 09,00 horas do día 23 de marzo

En todas as zonas indicadas nos tres puntos anteriores: suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas

Aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos