9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Ana Pontón:»Hai que poñer a producir o país»

”Feijoo deíxanos unha Galicia con máis paro, con máis precariedade e menos innovadora” dixo a candidata nacionalista que puxo a Carballo coma exemplo “do bo facer” dos gobernos do BNG.

A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, visitou o concello de Carballo, desde onde comentou as iniciativas do BNG en materia de emprendemento para combater a herdanza do goberno do Partido Popular:”Feijoo deíxanos unha Galicia con máis paro,con máis precariedade e menos innovadora” manifestou.

Pontón propuxo a dinamización dos polígonos empresariais “que foron construídos con cartos públicos e están criando toxos” coa instalación de naves que se poidan alugar ós novos emprendedores en condicións ventaxosas. Tamén apostan por duplicar os fondos para I+D+I e para a concesión de microcréditos a xuro cero, entre outras iniciativas “para poñer a producir o país” porque segundo a candidata nacionalista “aquí non fallou a xente, aquí fallaron os gobernos”.Entre outras cuestión, suxiren a creación dunha banca pública galega e a “transformación do IGAPE nun instituto de crédito”.

Ana Pontón visitou as instalación do Fórum Carballo acompañada polo alcalde, Evencio Ferrero Rodríguez e por outros membros do Bloque Nacionalista Galego, e puxo á capital de Bergantiños “como un dos exemplos do bo facer dos gobernos nacionalistas” nunha bisbarra con “graves crises estruturais” e onde o BNG demostrou “que temos capacidade de gobernar” e impulsar políticas innovadoras.Despois desta visita, Ana Pontón Mondelo, mantivo unha xuntanza con empresarios do concello.O lema de campaña do BNG para as eleccións autonómicas é:»Construír Galiza con ilusión. Galiza contigo».

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos