9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Ana Pontón quere pilotar a refundación do BNG

Ana Pontón foi presentada como candidata a portavocía do BNG, encabezando unha lista de cincuenta persoas, aprobada no Consello Nacional.

Ana Pontón, muller con experiencia parlamentaria e na acción social

Ana Isabel Pontón Modelo está chamada a dirixir a nave do Bloque Nacionalista Galego diante dunha das súas singraduras máis complexas. Deputada no parlamento galego desde o 2004, esta política nada na aldea sarriana de Chorente está apoiada pola Unión do Povo Galego(U.P.G.) e conta con dous puntos positivos no seu favor, a experiencia parlamentaria e tamén a súa habitual conexión coa rúa e o activismo social.

Non será un camiño doado pilotar a refundación do BNG, pero a número dous da candidatura, Goretti Sanmartín apelaba ó orgullo feminino:”Somos audaces, rebeldes e con moitas ganas de traballar”. Estima que a militancia e a sociedade verá con bos ollos que unha muller sexa a portavoz nacional despois da asemblea xeral do vindeiro 28 de febreiro.

Pontón advirte:“Hai moitas persoas mirando para o BNG”

A proposta de executiva nacional complétase con a Xosé Lois Rivas, Mini, Noa Presas, Rubén Cela, Carmen da Silva, Néstor Rego, Olaia Ledo, Bieito Lobeira, Obdulia Diniz, Xosé Emilio Vicente, Montse Prado, Xosé Manuel Marcote, Alba Feixó e Luís Pérez Barral.

Nunha comparecencia pública Ana Pontón destacou o “inmenso labor” da executiva saínte e do voceiro Xavier Vence “O reto máis importante que temos por diante é iniciar o proceso de refundación do BNG coa convicción clara de que o nacionalismo é un elemento necesario e fundamental para o futuro do país” afirmou Pontón que se marca coma metas reconstruír a complicidade e o apoio social, actualizar o discurso político e redefinir a estrutura organizativa do Bloque.

“Temos que estar á altura das circunstancias porque hai moitas persoas mirando para o BNG” apuntou a muller que con toda probabilidade será a nova voz do BNG.

Fai uns día en nas «Conversas na Encrucillada» de Adiante Galicia falábamos co secretario xeral da U.P.G., Néstor Rego. 

Consulta nesta ligazón a candidatura completa ó Consello Nacional

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos