11.7 C
Santa Comba
jueves, abril 4, 2024

«En Marea actúa en función dos intereses de Podemos»

Néstor Rego:“Da UPG faise unha caricaturización interesada” asegura Néstor Rego que defende “un proxecto nacionalista autónomo” non dependente de forzas españolas”.

Audio entrevista

“Galicia está ausente nas negociacións co PSOE”

Para o secretario xeral de Unión do Povo Galego quedou en evidencia que o país “está ausente nas negociacións co PSOE porque na proposta de Podemos non hai unha soa referencia a Galicia”.

Néstor Rego pensa que En Marea “actúa en función dos intereses estratéxicos de Podemos” e queda está quedando en evidencia que “colleron a bandeira do grupo parlamentario propio cando sabían que non era posible e a súa declaración de intencións non era real”.

Candidatura nacionalista e acordos postelectorais contra o PP

Rego defende a necesidade “dun proxecto nacionalista autónomo e non dependente de ningunha forza política estatal”. Asegurou que “estamos en disposición de falar” sen “preconfigurar como debe de ser” aínda que pechou a porta a participar en candidaturas con “forzas españolas”.

Nunha das “Conversas na Encrucillada”, o secretario da UPG e membro do consello nacional do BNG, abriu a porta a “acordos con outras forzas política como En Marea ou o PSOE despois das eleccións” se o PP perde a maioría absoluta, pero advertiu que “unha alternativa ten que significar unha mudanza de rumbo”.

Néstor Rego pensa que “o nacionalismo ten que estar presente na sociedade” e que o proceso iniciado no Bloque debe ser útil para “analizar e corrixir” e “facer cambios e resintonizar coa sociedade”.Sobre as críticas que está recibindo a UPG, pensa que se está a facer “unha caricaturización interesada” porque o partido representa “a firmeza dun proxecto nacionalista e iso non sempre é ben visto”.

Definiu a Unión do Povo Galego como “unha forza política situada na esquerda crítica co modelo social do capitalismo” e loou o traballo dos seus militantes.

FOTOS- Portada- Terra e Tempo- Interiores-Facebook Néstor Rego

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos