7 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Compromiso reflexiona sobre as eleccións xerais

Reproducimos un comunicado de Compromiso por Galicia no que se reflexiona sobre as eleccións xerais celebradas o pasado 20 de decembro.

O BIPARTIDISMO CAE MENTRES EMERXEN FORZAS NOVAS

 

Os resultados electorais do pasado 20 de decembro confirman un feito que se ven producindo dende as eleccións municipais do pasado mes de maio, o bipartidismo está en retroceso e as novas forzas comezan a ocupar as posicións do PP e do PSOE. A valoración do resultado que fai Compromiso por Galicia é que lonxe de aumentar a inestabilidade o que medra é a participación e a democracia. 

Cantas máis forzas políticas nas Cortes españolas mellor, pois a necesidade de pactos acentúase e faise preciso o diálogo. Isto, que para a maioría das forzas, nomeadamente os partidos tradicionais, supón un problema, en realidade é unha vantaxe, pois o diálogo e os pactos deben presidir a política, para garantir que os intereses da maioría estean representados suficientemente.

Xoán Bascuas, Secretario Xeral de Compromiso, pon como exemplo “o concello de Lalín, gobernado por Compromiso sen ter maioría absoluta, por medio do diálogo e dos pactos coas forzas capaces diso, de chegar a acordos”. Para o Secretario xeral da formación “é evidente que a nova política debe tender ao diálogo e non ao rodillo apisonador que ata o de agora utilizaron tanto o PP coma o PSOE”. 

A pesares disto, Bascuas recoñece que “dada a cultura política actual faise complicado entender o que significa pactar e dialogar para chegar a acordos”.Compromiso tamén valora que a cidadanía quere mudanzas no Estado español, quere formacións que exerzan unha nova cultura política. Queda claro que a cidadanía tampouco quere máis gobernos conservadores que están aos dictados de Merkel, senón gobernos progresistas que traballen pola xustiza social. 

Fíxose patente que é preciso un cambio constitucional profundo, que afecte á forma do estado, as súas institucións e ao modelo territorial. Reforma á que tanto PP coma PSOE se opoñen tratando de evitar falar dos problemas que isto acarrexa.

 Compromiso por Galicia defende a plurinacionalidade do Estado español, a necesidade de que os territorios poidan decidir a súa relación con España e o maior autogoberno.Xoán Bascuas tamén fixo fincapé en que “as e os deputados galegos actúen sempre en interese dos dereitos das galegas/os e defendendo a Galicia en Madrid”. Nomeadamente, Bascuas fai esta petición aos deputados electos pola coalición En Marea, xa que “se supón deles que son os únicos que non deben obediencia a partidos estatais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos