8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Os partidos únense a prol do galego

Os partidos políticos galegos deixaron a un lado as súas diferenzas ideolóxicas e uníronse para asinar un manifesto a prol do idioma galego, nun acto promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística e que se desenvolveu na alameda de Compostela, este mércores 15 de xullo coincidindo co 130 aniversario do pasamento da escritora Rosalía de Castro.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira agradeceu a participación de tódolos grupos e desexa que este acto represente un cambio para mellora-la situación da lingua do país.O Partido Popular estivo representado polo deputado Agustín Baamonde, polo PSdeG acudiu a secretaria de organización, Pilar Cancela, polo BNG, o voceiro nacional Xavier Vence e Antón Dobao e Xavier Ron estiveron en nome de Anova e Esquerda Unida. Tampouco faltaron representantes de Podemos, Cerna, Compromiso por Galicia, Alternativa dos Veciños e Coalición Galega. Aínda que asinaron o manifesto non asistiu ninguén de Terra Galega nin de Converxencia XXI.

Logo das intervencións, e da lectura do manifesto a cargo da actriz Iria Sobrado , o acto rematou coa música de Guillermo Fernández e Guadi Galego. 

No manifesto exprésase a necesidade de “abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega, coa implicación de todos os sectores, afirmando conxuntamente a nosa intención de aplicación, mellora e introdución de todo canto for preciso para garantir o dereito a vivirmos en galego e conseguirmos para el verdadeira igualdade e oficialidade real, tomando como punto de partida os acordos comúns e amplos establecidos na Lei de Normalización Lingüística, na Lei de uso do galego como lingua oficial de Galiza polas entidades locais, e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos