5.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PSdeG pide tempo e o PP quere medidas contra Pichurri

O Partido Socialista non tomará ningún tipo de medida contra o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, mentres non se confirme a apertura do xuízo oral contra o rexedor imputado nunha causa de prevaricación administrativa.

 

O PSdeG ten expectativas positivas no recurso do Fiscal

A secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela, confirmou que se esta situación se produce “cumpriremos co código ético”, aínda que subliñou que os socialistas “temos bastantes expectativas no recurso que presentou o Fiscal, porque entende que non hai causa dabondo para esa imputación que se lle atribúe”.Deste xeito, Cancela dixo que ían a agardar e respectar os “tempos da xustiza”.

Aufiero:”O alcalde de Camariñas vaise a sentar no banquiño”

Esta mañá, en declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada” o portavoz do Partido Popular de Camariñas, Mauro Aufiero pediu o PSdeG “que actúe en consecuencia coas súas palabras porque eles mesmos puxeron a súa liña vermella e o certo é que o xuízo vaise a celebrar e o alcalde de Camariñas sentarase no banquiño”.

“Hoxe Camariñas tiña que ser noticia pola festa do Carme non porque o alcalde está a espera dun xuízo oral” lamentou Mauro Aufiero Vigo que considera necesario “que se clarifique esta situación porque non e bo que Camariñas se asocie a estas cousas”. O líder popular lembrou que esta causa está relacionada coa apertura do tanatorio, pero que ademais existen outros xuízos abertos “polo tema dos seguros e por unha contratación” supostamente ilegal. Os populares pensan que era o momento de que a dirección autonómica dos socialistas amosara a coherencia coas súas propias palabras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos