8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Os socialistas avanzan cara o 30N

Remata a recollida de avais nas primarias do PSOE e agora falta que se verifiquen os mesmos e se proclamen oficialmente os candidatos; pero haberá batalla política en varios puntos do noso territorio.

Manolo Mirás e Julio Sacristán presentaron os seus avais cunha clara marxe sobre os mínimos esixidos, mentras que o terceiro en discordia Julio Iglesias tamén presentou aínda que presentou un número moi máis axustado. Celso Posada xuntou un número testemuñal e Jano Leis retirouse días antes.Este proceso de primarias, que culminará coas votacións do 30 de novembro, terá rivalidade en varios concellos, se non hai sorpresas no reconto de avais.

En Santiago de Compostela, Paco Reyes e Mercedes Rosón disputaránse o liderazgo, mentras que en Ferrol os militantes deberán elixir entre Beatriz Sestayo e Ramón Veloso. Mar Barcón e Ángel Garmendía serán os que concorran as eleccións internas na cidade de A Coruña, e en Ourense Pachi Vázquez competirá con José Ángel Vázquez Barquero.

Tamén podería haber eleccións nos concellos de Carballo (postúlanse Mari Carmen Vila e Jesús Añón), Ribeira(Con Ricardo Fernández e José Manuel Vilas), Marín(Manuel Pazos e Mari Luz Santiago), Ponteareas(Tomas González e Chus Garrote) e Vilagarcía(Alberto Varela e Fernando Quintela).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos