A problemática eólica segue tendo protagonismo, ben sexa pola tramitación que seguen distintos proxectos que afectan a Galicia ou polos debates que provoca.
Centrándonos nos debates, Anova – Irmandade Nacionalista organiza varias palestras nun acto que se celebrará esta sábado 19 de novembro no Hotel Compostela de Santiago desde as 10,30h.
A primeira, moderada por Antón Sánchez, versará sobre “os movementos sociais fronte ao oligopolio enerxético” e contará coa participación de Aranza González (Aire Limpo Mariñas Mandeo),Ana Varela (Petón do Lobo) e Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción).
A segunda leva por título “Perpectivas xurídicas, económicas e de custodia do territorio”, coa intervención de Xosé Manuel Beiras, da Catedrática de dereito administrativo, Marta García, e do arquitecto Xosé Allegue. Moderará Oriana Méndez.
E haberá unha terceira denominada “Resistencias e alternativas ao modelo de implantación da enerxía eólica”, moderada por Alberto Lema, e coa participación do parlamentario de EH Bildu, Mikel Otero e dun representante de ERC.
A xornada pecharase coa intervención do portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega.