11.3 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

O Balonmán Xallas inicia unha nova tempada cun agradecemento ao pobo de Santa Comba “que se volcou co club”

O club Balonmán Xallas inicia unha nova tempada. Desde a entidade que preside Miguel Barbeira agardan “chegar a postos altos tanto en masculino (2º Autonómica Galega) como no feminino (1º Autonómica Galega)” aínda que deixan claro que o obxetivo máis importante para o club, é seguir fomentando o balonmán, con máis xogadores en equipos base e una masa social máis ampla”.

Este sábado está previsto (ás 16,00 en Fontenla)un partido do equipo femenino senior contra o Samertalomeu.

O equipo senior masculino comezará a copa o 18 de setembro. Segundo explican “ambos equipos tiveron baixas que foron cubertas por xogadores e xogadoras novas con moita proxección, así como algún veterano que tamén axudará o staff técnico dirixido por Óscar Aldao”.

O Balonmán Xallas concede unha vital importancia as categorías base e “invita a calquer neno ou nena a matricularse nas súas escolas”.

Están moi contentos coa resposta que houbo a campaña de socios e abonados:” O pobo de Santa Comba volcouse co clube” apuntan.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos