11.3 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Tres persoas feridas ao colidir dous turismos en Cerceda

Un accidente entre dous turismos deixou esta tarde a tres persoas feridas no concello coruñés de Cerceda. O accidente ocorreu pasados uns minutos das 17:30 horas, cando os vehículos circulaban á altura de Vilamarta, en Rodís, concretamente, a estrada paralela á AC-413.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, grazas á chamada do persoal de emerxencias do concesionario dun dos vehículos implicados, que facilitou as coordenadas aos xestores de emerxencias. Indicaban que había dous coches implicados e persoas feridas.

A partir de aí, o 112 pasou aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos efectivos de Protección Civil e tamén informou do suceso aos Bombeiros de Ordes, aínda que o alertante aseguraba que non había persoas atrapadas.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos