13.6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

A Vía Mariana organizou o primeiro encontro transfronteirizo de alcaldes

O primeiro encontro transfronteirizo de alcaldes da Vía Mariana celebrouse no concello da Cañiza.

Asistiron os alcaldes de Muxía, Iago Toba, Zas, Manuel Muíño, e A Baña, José Antonio Pereira, así como representantes o concelleiro de turismo de Mazaricos, Jorge Sanmartín, o teniente alcalde de Vimianzo, Víctor Muíño, e o técnico de xuventude do concello de Santa Comba, José Manuel Vázquez.

Do Santuario de Sameiro ao da Virxe da Barca

A presidenta da Vía Mariana, María José Silva, valorou o potencial desta ruta que comunica a localidade portuguesa de Braga, desde o santuario do Sameiro có santuario de Virxe da Barca de Muxía.

Informou que a Vía Mariana xa conta con 500 credenciais na rúa, e con cinco páxinas de Facebook en cinco países, promovidas por colaboradores: en Portugal, España, Alemania, Hungría e República Checa.

Destacou que esta Vía é un proxecto altruista e ambicioso feito coa suma de talentos e vontades con moitos obxectivos á vista pero principalmente para atraer inversións e desenvolvemento na economía local.Nesta xuntanza defendeuse que esta Vía Mariana pode ser un revulsivo para loitar contra o despoboamento no rural.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos