7 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

O soño pendente de Benigno Eiriz

A impresionante colección patrimonial de Benigno Eiriz segue lonxe de Galicia nunha situación de abandono. O BNG trasladou unha proposta ao Parlamento de Galicia mentres que desde a Xunta polo momento non se amosou un interese por recuperar esta colección de valor incalculable.

Xosé Manuel Lema @xmlema

Benigno Eiriz recolleu unhas 8.000 pezas que representan un álbum real da historia e da etnografía galega. O seu desexo razoable era que a súa colección ficara no seu país. Pero ninguén atendeu ao seu chamamento e as malladoras, arados, aparatos de radio e traxes labregos foron parar ao municipio leonés de Alija del Infantado.

O BNG pide a Xunta que abandone a súa “ indiferenza e pasotismo”

Na actualidade, o patrimonio corre o risco de esmorecer, e hai voces que apuntan que sería unha ocasión de ouro para cumprir o soño de Eiriz e tamén de tomar unha decisión a prol da conservación  e do coñecemento da cultura galega.

O BNG vén de presentar unha proposición non de lei para que a Xunta de Galicia traballe para “garantir a volta da colección a Galicia”. Segundo explicou a voceira nacionalista Ana Pontón Mondelo tamén se propón que se estudie  o estado de todo o material e se realice “unha grande exposición sobre o mundo labrego galego coa creación dun espazo museístico estábel”.

Xoán Eiriz:”O museo ten que estar en Galicia”

En declaracións a Adiante Galicia, o artista Xoán Eiriz reivindicou que a colección do seu finado irmán Benigno Eiriz veña para Galicia “porque é onde ten que estar”. Eiriz salientou que estamos ante “un museo marabilloso, unha reliquia cultural impresionante que mágoamente Galicia non soubo recoñecer”.

O artista que se encontra en promoción do seu novo disco “Desde as cordas do meu corazón” asegurou que a colección ten “un valor incalculable” composta por “milleiros de pezas do patrimonio cultural galego, porque Benigno fixo unha recompilación de “auténticas xoias ancestrais galegas”.

Artigo de Opinión de ALVARO ALVAREZ:»Eiriz, referente en la cultura gallega»

Enlace

https://www.adiantegalicia.es/opinion/alvaro-alvarez/eiriz-referente-en-la-cultura-gallega.html 

FOTO-DIARIO DE LEÓN

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos