6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Os traballadores de Ferrotlántica suspenden o peche

//Valoran positivamente os pasos dados e o “compromiso público adquirido”e agardan a entrevista do vindeiro luns co conselleiro de Industria, Francisco Conde// Foto-Juan Louro Cambeiro.

O comité de empresa de Ferroatlántica celebrou este sábado unha asemblea de traballadores na que se decidiu “suspender temporalmente” o peche e as mobilizacións diante do concello ata a celebración o vindeiro luns dunha xuntanza co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.Valoran positivamente os pasos dados nos últimos días e sobre todo a xuntanza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,cos alcaldes da Costa da Morte que serviu “para que a Xunta de Galicia saíse da ambiguedade”.

Nun comunicado de prensa, o Comité de empresa quixo agradecer a implicación social, o apoio institucional de tódolos alcaldes da comarca e a boa acollida que tiveron no seu peche no concello de Cee.Tamén agradecen a axuda das organización políticas do ámbito parlamento e fóra del e de asociación, comités, autónomos e pequenas empresas “destacando aqueles locais de hostalería que o longo dos días de peche abasteceron desinteresadamente de alimentos e bebida as persoas que estiveron no mesmo”.

Polo tanto valoran “o compromiso público adquirido, no que se corresponsabilizan os alcaldes da comarca, de facer valer o título concesional e polo tanto, a non autorización da segregación, no caso de que a empresa rexistre a venda na Xunta, ademais de informar de calquera movemento que se produza. Compromisos que terán que concretarse na reunión que o vindeiro luns o Comité de Empresa manteña co Conselleiro”.Posteriormente a este encontro volverán a ter unha nova asemblea para tomar as oportunas decisión.

Nesta xornada o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, avogaba en Adiante Galicia, por continuar no clima de unidade e sen baixar a garda, aínda que expresaba a súa satisfacción pola xuntanza con Núñez Feijóo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos