7.1 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

Feijóo:“Pensamos que a actividade ten que seguir unida»

//Villares pregunta sobre Ferroatlántica//Núñez Feijóo informa que Ferroatlántica non solicitou a segregación diante da Xunta// Luís Villares pide que se escoite aos traballadores e que se evite a segregación cuxa prohibición xa está “certificada xudicialmente”//

Luís Villares quere que Feijóo reciba aos traballadores

A primeira pregunta parlamentaria ao presidente da Xunta de Galicia por parte de Luís Villares estivo relacionada coa problemática das factorías de Dumbría e Cee.O portavoz de En Marea deixou claro que “na concesión prohíbese a segregación” pero trasladou a preocupación que existe na Costa da Morte, polas intencións da empresa.“Hai sentenzas que certifican  xudicialmente a imposibilidade de segregación” explicou Villares que non obstante pediu unha posición clara e tamén que Feijóo recibira aos traballadores.

Feijóo:»O interese público das concesións segue vixente»

Na súa resposta, Alberto Núñez Feijóo, informou que “a empresa non solicitou a segregación” e nese caso asegurou que “imos cumprir coa lei” afirmando que “o interese público das concesións segue vixente” e polo tanto “non vemos que cambiara nada e pensamos que a actividade debe seguir unida”.Cualificou a Costa da Morte “dunha zona moi especial” e que será “unha honra” recibir o vindeiro venres a dez alcaldes da zona. Tamén dixo que o comité de empresa fora recibido polo goberno galego e polo grupo popular.

Para En Marea hai algo máis ca un rumor

Luís Villares manifestou que hai algo máis ca un rumor na posible segregación porque “a empresa xa lle comunicou aos traballadores a súa intención de segregar” e que incluso “contratou a outra empresa para persuadir dos seus plans”.Demandou que a actividade da empresa “reverta” nunha zona que “xa pagou un prezo moi alto” polas actividades de Ferroatlántica.

Feijóo afirma que non fallará aos traballadores da Costa da Morte

Na réplica, Alberto Núñez Feijóo, insistiu en que “os expedientes administrativos non se inician con rumores” e que “a empresa non solicitou nada e nada lle podemos respostar” pero que cos datos existentes “non poderiamos autorizar esa segregación”.O presidente da Xunta dixo que non lle ian fallar “aos traballadores da Costa da Morte” e que están interesados “nos empregos e non nos conflitos”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos