7.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

O concello de Malpica marxina o galego segundo A Mesa

//O concello exclúe o galego da sinaléctica pública das praias de Area Maior e Canido// A Mesa pola Normalización advirte que o goberno malpicán está vulnerando a lexislación vixente//

A sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños denuncia a exclusión do galego das sinais informativas que hai nas praias de Area Maior e Canido e informan que “a exclusión do galego na sinaléctica pública vulnera a lexislación vixente en materia lingüística”. Por este motivo, presentou un escrito no rexistro municipal no que piden a reposición do idioma galego.

Desde A Mesa lembran que a Lei de Normalización Lingüística estabelece que “os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns” e que tamén a Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia di que “O galego, como lingua propia de Galiza, éo tamén da súa Administración Local”.

Tamén engaden que a mesma normativa indica que  “todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactáranse en lingua galega”, o que inclúe os rótulos e sinais da vía pública e dos edificios municipais. 

Desde este colectivo no ocultan a súa sorpresa porque o goberno que preside Eduardo Parga Veiga(PP) instalara novas sinais onde se usa a denominación “concejalía” que consideran un feito “insólito na comarca” e constitúen  “un paso atrás no uso do galego pola administración local de Malpica”.

O responsábel da Mesa na comarca, Xosé Cotelo, preguntou ironicamente ao goberno local se tamén ten pensado substituír “Concello” por “Concejo” e reclamou ao goberno malpicán “respecto pola lingua propia de Galiza e o cumprimento da lexislación en materia lingüística”. Xosé Cotelo declarou que “a lingua galega precisa de reposición do seu uso, de promoción e de prestixio” pois “de agresións e reducións de dereitos ao galego xa está o caixón cheo”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos