6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Pilar Cancela asegura que o cambio é posible

A candidata pide ós votantes socialistas que non queden na casa e confía en que os electores valorarán a “responsabilidade e seriedade” de Pedro Sánchez e o PSOE.

A cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña participou nas “Conversas na Encrucillada” de Adiante Galicia e amosouse convencida de que os cidadáns “valorarán o traballo que se fixo nestes meses e a responsabilidade e seriedade de Pedro Sánchez”.

Escoita aquí a entrevista con Pilar Cancela

Pilar Cancela afastouse do “sorpasso das enquisas” e aspira a recuperar “unha porcentaxe moi importante de voto socialista que  nas últimas eleccións se decantou por outras forzas que irrumpiron no mapa político” pero que os últimos meses serviron para clarexar “o que fixo cadaquén” e onde por “cuestión ególatras se impediu articular un proxecto alternativo”. Neste contexto entende que “o traballo duns e doutros está claro e a cidadanía vaino a ter en conta”.

“O mellor resultado será o que contribúa a ese goberno alternativo e de cambio” apuntou Cancela que pide os cidadáns “que non queden na casa” porque estamos “ante unha oportunidade”.

Nesta entrevista, a candidata socialista lembrou que baixo ningún concepto o PSOE vai a pactar co PP nin “coas forzas independentistas”.Entre as cuestións prioritarias para Galicia, destacou un novo modelo de financiamento, o impulso ós sectores enerxético, naval, eólico e tamén ó sector agrogandeiro e pesqueiro que calificou de “estratéxico e vital”.

“Se todos vamos votar, e todos os que pensamos socialista e queremos un goberno alternativo de cambio votamos entón será posible” afirmou Cancela.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos