18.1 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

A dirección de Terra Galega apoia a moción de Santa Comba

Declaracións a Adiante Galicia.Guillermo Sánchez Fojo afirma que os edís xalleiros actuaron”honradamente” e desvela que el mesmo advertiu á dirección do PSdeG que a moción de censura era probable en Santa Comba.

Mensaxe ó PSdeG:”Era o alcalde voso o que tiña que falar antes”

“Estou de acordo cos meus compañeiros”.O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo expresou o seu apoio ó grupo municipal de Santa Comba porque asegura que actuaron con respecto ó partido, cunha decisión tomada “nunha asemblea por maioría” e actuando “honesta e honradamente”.

Sánchez Fojo dixo no entender porque outros partidos, en referencia ao PSdeG “nos digan que isto se fala antes” e lanzou un reproche ós socialistas:”Era o alcalde voso o que tiña que falar antes cando se quedou sen axuda do grupo que estaba gobernando con el”.

O líder de Tega indicou que cando contactaron con el desde o PSOE, para falar da moción de Pontecesures, advertiulles que que algo semellante “podía saltar en Santa Comba”.

Liberdade para as agrupacións locais

Sobre a situación xerada na comarca do Xallas, Sánchez apuntou que houbo un acordo inicial que xurdiu “dunha situación normal para pactar” pero “despois os compañeiros de Santa Comba xa me dixeron que non funcionaba e que levaban catro meses nos que ninguén lle dicía nada e que gobernaba o alcalde como lle petaba e lle daba a gana“.

Para Sánchez Fojo o acordo entre PP e TEGA “é polo ben do pobo” e lembrou que “damos sempre liberdade de pacto porque nos concellos o voto vai encamiñado ás persoas”. Aínda así lembrou que son un partido de carácter progresista.

Despois de ser reelixido como secretario xeral esta pasada fin de semana, Sánchez Fojo anunciou que o obxectivo deste forza “municipalista” é seguir medrando e dixo que “somos un partido pequeno pero en tódolos sitios onde nos presentamos quitamos representación porque a xente que se presenta con nós está entregada no pobo”.

En contra do goberno reaccionario do Partido Popular en Galicia

Terra Galega non se presentará  nin pedirá o votos para ningunha forza nas eleccións xerais pero si tentaran buscar “unha unidade de partidos en Galicia para cambiar a situación” dunha comunidade que “está nunha situación de emerxencia social”

“Non nós gustaría que seguirá gobernando a dereita en Galicia, que é reaccionaria e acorde co que faga Madrid, ó igual que outras forzas que se chaman federalistas” manifestou Sánchez Fojo.Aseguran estar “abertos” para abrir pontes de diálogo “con sentido común” para que haxa un cambio político en Galicia.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos