6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

O BNG pide a paralización do proxecto mineiro Isabela II

O BNG pide que non se permita o proxecto “Isabela II” que afecta as comarcas de Xallas, Bergantiños e Soneira e alerta do uso do cianuro.

O proxecto Isabela II suporá a reactivación da mega minería

O Bloque Nacionalista Galego pídelle a Xunta de Galicia que “paralice as novas autorizacións de investigación mineiras que están solicitadas” e entende que o proxecto Isabela II que afecta os concellos de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco suporá a reactivación da mega minería e dun modelo “esquilmador dos nosos recursos, do noso territorio e da nosa riqueza natural”.

O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera explica que “a minería de ouro ten unha clara compoñente especulativa” e que no caso do proxecto Isabela II os expertos advirten de que “a utilización do cianuro sería inevitábel e requiriría tamén a construción dunha planta de tratamento”.

Iniciativas parlamentarias do BNG

Os nacionalistas veñen de presentar diversas iniciativas parlamentarias, entre elas unha proposición non de lei para oporse a “un modelo que destrúe máis postos de traballo que os que crea e que fai que os beneficios emigren e os custes de internalicen”. Desde o BNG recollen a queixa de distintos colectivos sobre a falta de información para facer alegacións e para consultar o expediente.

Esta mesma semana, Desde Adiante Galicia, o portavoz da Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Bráulio Amaro emprazaba os concellos de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco a facer presión e presentar alegacións.

Tamén o grupo da Alternativa Galega de Esquerda presentou unha pregunta para resposta en comisión para que a Xunta de Galicia ofreza información sobre esta proposta mineira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos